25/10/13

Tantas veces como te coidei e te sequei, e agora está a chover por ti e non podo facer nada, miña pequena. O teu corpiño descansa na terra mollada, ao pé da pereira baixo a que tantas veces me buscaches para que te acariñara. Aínda non entendo como marchaches tan rápido, se aínda tiñamos tanto amor que darche. Búscote e non lembro que non estás. Pérdote a cada intre, e non son quen de entender que non voltarás, porque está a chover por ti e non podo facer nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!