1/3/11

A praia

En días coma hoxe síntome pequeniña, moi pequeniña. Unha nena á que o mundo lle ven grande e nunca saberá manexalo. Só quero fuxir a unha praia e pasar o resto da vida a contar ondas.

E no medio de todo estás ti. Sempre garimoso, sempre engaiolante. E eu, sempre pequeniña e confundida, quixera compartir esa praia nun abrazo, como xa fixeramos entón, pero agora xa non te sinto nin na lembranza. Só na ausencia. E non sei onde estás, non sei se te cansaches xa de min ou os teus brazos son de outra. Só sei que non estás, e na miña praia vai frío.