24/11/12

Ás veces os sorrisos pode agocharse tras máscaras que nunca teriamos imaxinado. Pode que as cousas non sexan sempre como non gustaría, pero iso non as fai peores, só diferentes.

Ás veces de súpeto entendemos que non podemos cambiar unha situación, pero podemos cambiar nós. Entón aprendemos que sorrir non é tan difícil, despois de todo.

Eu aprendín que existe unha maxia capaz de transformar certas certezas en feliz esquecemento.

6/11/12


I sense there's something in the wind
that seems like tragedy's at hand
[Sally's Song]

Sintoo nas entrañas. Latéxame no sangue. É un presentimento dos que se cravan moi no fondo, alí onde morren as ilusións. Perfílanse os seus contornos na escuridade, pero aínda non se aprecia ben a forma que adoptará. Quizais a de esquecemento? Quizais a de traizón?



O tic-tac crávase nas sens. Estrangularía o reloxo se puidera. Peor que a tristura é agardar a que chegue. E sei que chegará.