16/1/13

Teño o faiado un pouco abandonado, pero adiquei o tempo a recolocar algunhas tellas na miña vida.

Cando abrin este blogue prometín non verquer máis datos dos debidos da persoa que aquí se esconde. A certeza de que outros len as miñas liñas faime sentir espida, e por iso escollín unha pelaxe de gata trala que ocultar a miña pel.

Recentemente vinme empurrada fóra do armario, e tocoume mostrar os meus escritos a cara descuberta por primeira vez en moito tempo. Hoxe voltei porque en apenas uns días xa foron varias as persoas que se interesaron polas cousas que escribo. É unha sensación que esquecera moito tempo atrás.

O desconcerto aínda non me deixou pensar unha palabra con xeito, así que deixareino nun humilde gracias. Pero dos que se din de corazón, prometido.