tag:blogger.com,1999:blog-17442134142862309632024-02-19T04:31:46.973+01:00A gata no telladoUnknownnoreply@blogger.comBlogger107125tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-87471106849471884322015-09-06T21:55:00.000+02:002016-06-03T15:55:00.725+02:00Na praia cae o sol e refresca. Sento nunha rocha e miro ao chan. Ganan os nervios, xogo coa area. Comentas algo que me fai rir. Era tan nena...
Pasan os anos, cifras redondas. É o mesmo día, a mesma hora, unha praia distinta. Nós somos distintos. Cae o sol e refresca. Sento nunha rocha pero xa non miro ao chan. Non dis nada, pero non paro de rir. Fixéchesme crecer.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-33644485499728144272015-06-05T18:13:00.000+02:002016-06-03T15:56:00.152+02:00Folla en branco. Preciso ordenar ideas.
Perdín a costume, debería vir máis por aquí.
Tiña algo que dicir. Moito que dicir. Non lembro o que, non sei por onde comezar. Pasaron cousas, cousas boas, pero non o foron. Demasiada presión.
Onde estás? Necesitaba escoitarme máis ca nunca. Demasiado pequena e soa ante os acontecementos. Por que non me escoitas berrar?
Folla en branco. Demasiado ruído dentro. Demasiado silenzo fóra.
Demasiados días. Demasiada espera.
Demasiado pequena.
Demasiado soa.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-57114934031494111572015-04-07T21:38:00.002+02:002015-04-07T21:38:46.254+02:00É curioso. Adoitamos pensar que nos malos tempos é cando máis precisamos de alguén en quen apoiarnos. Recentemente descubrín que non, hai algo peor que a soedade cando o mundo quebra: o verdadeiro baleiro está en non ter con quen compartir os bos momentos que por sorpresa nos trae a vida.
Fóra vai sol. Unha nova vida trae novos motivos para sorrir, e as vidiñas que sempre me acompañaron permanecen ao meu carón unha soleada tarde máis. O mundo ensina a súa cara máis amable e tan só quixera contarche que hoxe foi un día bo nun traballo caído do ceo. Pero a distancia pode máis que os kilómetros, e cada vez somos un pouco máis descoñecidos. E entre tanto silenzo xa non lembro como soaba a miña voz.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-7059712508222269042014-08-21T20:30:00.000+02:002014-08-22T01:26:01.546+02:00
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-9036374803812551512014-01-26T19:09:00.001+01:002014-01-26T19:09:41.619+01:00Foi aquel o intre no que, sen mais, souben o que estaba por vir. Unha palabra foi abondo para facer quebrar o mundo, o meu mundo, o mundo que nunca foi. E quedei soa, pendurada no baleiro, ollando os anacos do mundo que construira, mentres outra persoa vive aquela vida pola que loitei. Sen forza xa. Expulsada do meu propio paraíso. Errante no baleiro da miña propia tristura, cortando os pés a cada paso cos anos do meu mundo roto. Outros quedaron coas rosas. Eu acabei por amar as espiñas.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-35606693548931493242013-12-31T02:53:00.000+01:002014-01-26T19:10:35.212+01:00Quizais está sexa a última nota sen destinatario que saia de aquí. Quizais sexan as últimas palabras que nunca che direi. Quizais non deberan ver a luz. Quizais non o fagan.
Empezamos o ano con mal pé. Os dous escollemos o silencio e creamos mundos que non eran os de verdade. Foron moitas as palabras que seleccionei, ordenei e gardei para ti. Moitas as palabras que nunca dixen. E rematei por ofrecer as peores, o refugallo do medo contido.
Recoñezoo. Cando estás, o mundo xira un pouco máis rápido do que debera. Pero iso nunca foi o importante para min. Non espero que o comprendas. Non espero que ninguén que non estea dentro de esta miña cabeza o faga. O único importante sempre foi esa confianza que só ti sabías darme. Fixeches visible o invisible e sete vidas non abondan para agradecer cada milagre.
Recoñezoo. Cando estás, o mundo xira un pouco máis rápido do que debera. De boa gana lle daría unha patada a ese mundo se iso me garantira o único importante: un amigo. O resto non importa. Nunca importou. Non espero que o comprendas. Espero só que confíes en min.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-32164413665740036442013-12-31T01:53:00.001+01:002013-12-31T02:03:30.779+01:00Levo algún tempo agochada no faiado poñendo orde nos vellos caixóns, lambendo feridas e escorrentando este frío inverno. Non veño facer balances. Foi un ano malo e non preciso abrir vellas fendas para telo presente. Tampouco facer propósitos. Nunca os fixen e non vou comezar agora. Veño a lembrarme a min mesma que estou aquí, que un mal ano pasou e eu aínda respiro, que é máis do que moitos tiveron.
Tamén quero deixarlle unha nota a miña eu do 2014 para lembrarlle que ata o inferno pode xearse, que as bagoas afogan entre as ondas do mar e non hai ferida que non cure. As cicatrices son outra cousa. Lembra, gata estúpida, que houbo xente que che demostrou estar aí para ti. Por eles, estás obrigada a seguir respirando. Sei que estás cansa de loitar, que che roubaron os teus soños e hai tempo que esqueciches quen eras. Non importa. Eles sábeno.
Mañá é un día máis. Nada vai cambiar porque nos vistamos de festa. Tampouco eu, tampouco vós. Pero seguirei poñendo un pé diante do outro para poder contar que sigo aquí, seguirei sacando forzas para non defraudar a quen escolleu crer en min. Que non é pouco... Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-62900231716071666212013-10-25T01:27:00.001+02:002013-10-25T01:27:19.161+02:00Tantas veces como te coidei e te sequei, e agora está a chover por ti e non podo facer nada, miña pequena. O teu corpiño descansa na terra mollada, ao pé da pereira baixo a que tantas veces me buscaches para que te acariñara. Aínda non entendo como marchaches tan rápido, se aínda tiñamos tanto amor que darche. Búscote e non lembro que non estás. Pérdote a cada intre, e non son quen de entender que non voltarás, porque está a chover por ti e non podo facer nada.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-90789373856343431882013-10-24T02:05:00.001+02:002013-10-24T02:06:55.941+02:00Chegaches un trinta de outubro, pequeniña e negra coma unha perla de acibeche. De tódolos teus irmáns, ti roubaches unha parte da nosa alma e xa nunca marchaches do noso carón. Tan pequeniña, tan bonita, eras a envidia de todo aquel que te vía. Pero o que ninguén máis sabía é canto amor tiñas para nós, canta alegría neses olliños que xa hai moito que deixaran de vernos, nese rabo que nunca deixaba de moverse, nesa lingua que non tiña cabida na túa pequena boca.
Xa non pelearás máis cos teus irmáns máis vellos polo mellor sitio na cama, nin buscarás incansable a nosa perna para reclamar o teu mimo do día. Xa non teremos os teus bicos, nin a túa barriguiña ao sol esperando unha caricia.
Sempre serás a máis pequeniña, a máis doce, a alegría dos nosos días. Porque non importa o grises que foran, ti sempre me facías sorrir. E agora que non estás, non hai bágoas abondo para despedirte.
Chegaches un trinta de outubro, e marchaches hai unhas horas. Os anos que nos deixaches foron un regalo que nunca poderemos pagar. Só agardo que souberas o querida que fuches e sempre serás. Só agardo que, esteas onde esteas, saibas que non te deixaremos soa: sempre estarás connosco.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-19966136040103762412013-10-16T13:41:00.000+02:002013-10-16T13:41:03.698+02:00É tempo de pechar capítulos dun libro escrito a unha soa man.
Pero máis difícil que deixar de escribir, é deixar de ler as páxinas que quedaron atrás.
Un tempo novo está por vir, e non será mellor que o quedou atrás. É tempo de ser de pedra.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-22123937188411563202013-09-06T16:31:00.000+02:002013-09-06T16:31:28.876+02:00Abismos de contradicións. Bágoas que tornan en sorrisos e volta a comezar. Agardar unha vez máis, ou pode que xa non. Son dúas persoas ou tal vez ningunha? Quen acudirá á chamada desta volta? Procuro un equilibrio que me desconcerta, e non sei se é que xa está aquí ou que aprendín a vivir no meu propio desequilibrio. Que é o que agardo entón?Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-87545409809465343022013-08-20T19:56:00.000+02:002013-08-20T19:58:24.899+02:00O tempo é un engano que voa e se estanca nas nosas mans. Pasaron anos xa, mais aquela raiola de sol coa que nos quentamos aínda está na miña pel, gravada a lume. A imaxe daquel primeiro bico reflectida no xeo azul das augas treme axitado polas ondas como aquel día tremía eu. Non hai reloxos que miren cara atrás, e aquel intre compartido por dous morrerá na lembranza dun só. Pero vivirá para sempre nas pegadas que os nosos pés deixaron na area daquel luscofusco.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-45479059112756662602013-08-16T17:48:00.000+02:002013-08-16T17:48:06.106+02:00Tempo cálido e fuxidío no que as horas parecen non discorrer.
Tempo pesado de pálpebras en loito, de aire mesto, de luz eléctrica.
Tempo de nostalxia de sal, de pel, de apertas.
Tempo de tormenta. Tempo no que quero e non quero estar.
Tempo de agosto, que tanto me deches e tanto me levaches.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-26040951373461327512013-08-08T04:49:00.000+02:002013-08-08T04:49:53.660+02:00Prometinme ser forte. E estoume esforzando en cumplir con cada promesa. Pero algúns días, a vida doe un pouco máis e todo vira escuro. Hoxe é un deses días nos que quero correr a acurrucarme nese recuncho onde remata o mundo e fas que agrome unha raiola de luz. Hoxe máis que nunca preciso do teu abrazo e tampouco hoxe chegará. E xa non quero ser forte. Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-18642520821689591142013-08-08T04:32:00.000+02:002013-08-08T04:32:08.031+02:00Hoxe voltei á impotencia da palabra tardía, da defensa xa inútil. Agora só me queda a vergoña da humillación á que non souben responder. Deixei que me trataran como a unha estúpida sen criterio, que insultaran a quen lle debo o ceo, e non fun capaz de dicir nada. E agora só quero chorar e esconderme moi lonxe deste mundo que non deixa de ferir. Agora só quero que o silenzo deixe de afogarme.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-56285875679474053662013-07-27T03:39:00.000+02:002013-07-27T03:40:23.368+02:00Nun intre, fíxose o silenzo. E ao seguinte, o estourido da realidade sacudiu cidade. Un medo fondo que queimaba nas entrañas acompañaba a irrealidade do momento. Logo viñeron as imaxes, as cifras, e o aire facíase denso para respirar. E no remate, voltou o silenzo.
Non hai palabras. Sobran as obviedades. Non hai máis que un mesto silenzo de respetuosa sacralidade. Non hai máis que escuridade.
Pero sobre o silenzo, érguese un berro de orgullo. Somos nós, homes e mulleres, mozos e mozas. Somos egoístas, somos imperfectos, pero somos capaces de dar todo o mellor nun intre de silenzo. Somos todos, somos un. Somos o pobo que non traizoa.
O 25 de xullo de 1948, Castelao contaba a gloriosa alborada de festa que neses intres viviría a terra nai aos galegos espallados polo mundo. Esta volta non houbo alba de gloria, só houbo escuridade e silenzo. Pero o pobo soñado polo mestre estivo máis vivo ca nunca. Somos nós. Ante a gloria e ante a miseria. Somos o orgullo soñado.
Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.
Castelao, Alba de Gloria
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-35065506373697825252013-07-11T21:09:00.000+02:002013-07-11T21:18:10.621+02:00Adeus ás interminables horas escoitándote falar, aprendendo, admirando.
Adeus aos segredos, á confianza que só ti me facías sentir.
Adeus á persoa que me ensinaches a ser, á seguridade, ao valor.
Adeus aos sorrisos que facían doer a cara, á paz que ti me dabas.
Adeus ás praias sen nenos e a ese recuncho do teu peito no que remataba o mundo cando me abrazabas.
Nunca esquecerei que ao teu carón fun a mellor versión de min mesma, aínda que non fora abondo. Nunca esquecerei que me valoraches, que fixeches visible o invisible, que confiaches en min. Nunca esquecerei ao amigo que me considerou amiga.
Estou atada a unha lembranza. O meu amigo foise e non voltou. Poderás camiñar coma el, poderás falar coma el, pero nunca serás máis que a sombra dunha lembranza da que xa non formo parte.
É tempo de voltar ao silenzo, de agochar o visible, de non ser nin estar. Xa ninguén me abraza, xa ninguén me fai rir, xa non quero aprender máis. O meu amigo foise, e quizais só foi unha sombra que nunca existiu.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-84276250152373707332013-07-11T16:01:00.001+02:002013-07-11T16:04:48.444+02:00A miúdo escoito esa frase tan recurrida de "non podes deixar que a túa felicidade dependa dun home, tes que aprender a ser feliz por ti mesma". A miúdo procede desas persoas que cando intentas localizar para sair un pouco da casa teñen sempre preparado un "non podo, é que xa teño plans coa miña parella".
Seino, miñas queridas. Seino mellor que ninguén. Agora terei que aprender a non deixar que a miña felicidade dependa da amizade de ninguén.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-37539120852422408132013-07-03T14:26:00.001+02:002013-07-03T18:30:25.945+02:00
Y aunque razonara, de qué me serviría?
Debo estar triste si tengo
motivos y ninguna broma me hace sonreir.
[Shakespeare, Much ado about nothing]
Noutra
vida que quedou atrás hai moito, a miudo adoitaba sorrir como norma.
Pensaba que era unha maneira de dar o mellor de min. Dende pequeniña
ensináronme a dar sen pedir. E así o fixen.
Pero chegaron tempos máis escuros, tempos nos que doía sorrir, nos que precisei un apoio e ninguén estivo aí. E o sorriso quedou naquela outra vida.
Entón
comprendín que, á hora da verdade, a ninguén lle importa que rías ou
chores. Estamos sós nesta vida, e a ninguén lle importa máis que o seu
propio embigo. Cansei de sorrir.
Recentemente unha
persoa díxome que sempre estaba triste, unha persoa que noutra vida me
fixo sorrir ata doerme a cara. Non tiven ocasión de dicirlle que cansara
de sorrir para outros e non atopaba unha razón que me fixera sorrir
para min. Probablemente esa ocasión non chegue nunca, e por iso vou gardando aquí cada resposta que nunca poderei dar, na caixiña dos sorrisos mortos.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-57277524968226863592013-06-24T20:06:00.000+02:002013-06-24T20:06:12.705+02:00A primeira raiola de sol danzou paseniñamente polos lenzos do leito ata baterlle na branca pel. Ergueuse. Os seus pés tocaron o frío chan e ese golpe de vida foi catártico.
Un paso, e outro máis, e aquel lume de ouro executaba cerimoniosamente a súa danza a través da ventá. As gaivotas chamaban por ela e a salgada brisa berraba o seu nome.
Un chanzo, e outro máis, e os seus pés espidos sentiron a terra dos camiños. As silveiras prendían os brancos liños que ocultaban o seu corpo, ferían a súa pel espida. Avanzar doe.
Un paso, e outro máis, e no seu ollar a pedra e a auga.
Un paso máis e aos seus pés, manchados da terra dos camiños, a fonte dos ancestros. E alí está, dourada e tremente, a frol d'auga fría.
Deixa que os seus dedos a toquen, deixa que o frío avance pola súa pel. E na sacra cunca das súas brancas mans, captura a danzante raiola que agora treme na súa pupila de azibeche.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-85945080383894599392013-06-17T03:31:00.000+02:002013-06-17T03:31:32.357+02:00Cabeza erguida, un pé diante do outro.
Na procura do equilibrio.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-25112632126726998562013-06-16T03:12:00.000+02:002013-06-16T03:12:05.115+02:00Volver a camiñar rúas de sal con elas.
E rir, e berrar, e deixarse levar por esa brisa que cheira a mar.
Recarga de vida, de forza. Recarga de sal, de son.
Recarga de vós. Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-1644996094785428432013-06-11T01:31:00.000+02:002013-06-11T01:33:36.472+02:00O futuro vira incerto. O presente, caótico. Enganeime e non sei voltar atrás. Busco un perdón cando o que preciso é unha oportunidade de recomezar, de facer ben as cousas. Pero xa as esgotei tamén. Quizais sexa un punto de inflexión, quizais só podo perder esta vez, quizais toque aceptar a derrota.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-78123733531947398602013-06-09T02:39:00.004+02:002013-06-09T02:42:34.799+02:00Cando os sentimentos non son máis que unha sorte de músculo atrofiado do teu ser, aprendes a vivir con eles. Sabes que están aí, sabes que non os podes cambiar para ben ou mal, pero perden os seu significado. Para ti.
Ás veces costa comprender que para os demais si que teñen un significado e podes facer dano a persoas polas que darías o ceo. Nunca foi esa a miña intención, pero si o meu erro.
Pode que sexa o momento de aprender a botar sete chaves sobre ese músculo atofiado. Deixarllo ver aos outros só trouxo bágoas e perdas. É o momento do silenzo.
Dende aquí, quixera facer voar unha desculpa a quen danei por querelo un pouco máis do que debera. Aínda que só pequei por erro. Aínda que só lle chegue o silenzo.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1744213414286230963.post-76699282665798900092013-06-09T02:09:00.000+02:002013-06-09T02:09:52.527+02:00Silenzo. Son dona do meu silenzo. Cada palabra afunde un pouco máis, e vou virando pequena, cansa, sen folgos. O tempo da loita rematou unha vida atrás, e só queda o silenzo. Outrora, a palabra foi a miña arma, agora é a causa da miña condena. Non hai outra arma mais que o silenzo.
Nunha man, as palabras que nunca direi. Na outra, as que nunca debín dicir. Silenzo. Unknownnoreply@blogger.com0