12/2/12

Canto per te
per l'ultima volta perché

vorrei ricordarmi di te

quando guardo la luna

[Nina Zilli]

Aínda te levo na pel, gravado a lume.
Pasaron moitas lúas pero aínda estás naquel solpor
e eu sigo sentada naquela rocha.
Non será máis, mais o que foi é un punto fixo.
Un punto que nunca ha voltar.

9/2/12

Dende o tellado ollo un mundo que non entendo.

Animais que loitan contra a súa propia especie,
contra a terra que lles dou a vida.


Animais salvaxes, irracionais, cheos de odio e rancor.


Un mundo de miseria e apariencias, onde só destaca aquel capaz de facer máis dano que os demais.


Un mundo ao revés, onde os xustos son exterminados coma o cancro da sociedade.


A lúa alumea con forza no ceo. Seguirá aí cando todos sexamos cinza.


E o home aínda é capaz de crerse grande e poderoso...







3/2/12

Perdín polo medo a perder.

A raiba, a decepción, duraron un intre só.

E logo quedou o medo.

[Como perdes o único que ninguén che ensinou a perder?]