6/9/13

Abismos de contradicións. Bágoas que tornan en sorrisos e volta a comezar. Agardar unha vez máis, ou pode que xa non. Son dúas persoas ou tal vez ningunha? Quen acudirá á chamada desta volta? Procuro un equilibrio que me desconcerta, e non sei se é que xa está aquí ou que aprendín a vivir no meu propio desequilibrio. Que é o que agardo entón?