29/3/13

Hoxe quero contar un conto de faros. De faros que gardan os segredos dos amantes que se encontran aos seus pés, de faros que falan en muda radiofonía de silenzos. Pero xa escribín un unha vez.

Hoxe quero falar das noites cálidas de verán e o feiticeiro ondear das luces na auga. Tamén do camiño de prata que traza a lúa ata máis alá do horizonte, e o ruxir da escuma nas rochas.

Quero lembrar aquela varanda no mar, a porta a ningures, e os faros que espreitan ao lonxe.

Hoxe quero voltar atrás as agullas do reloxo, e volver a rir con elas baixo aquela lúa de sal. E columpiarme alto, moi alto, ata onde os veleiros se chaman liberdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!