30/3/13

Ao longo da miña vida loitei por crer na bondade intrínseca do ser humano sobre calquera defecto que puidera desenvolver. Creo que as circunstancias poden facernos egoístas, que podemos enganarnos na maneira de manexar as situacións que se nos presentan, creo que o ser humano pode corromperse, pero non creo na existencia da maldade. Pero a realidade volve cada día a rirse de min.

Hai tempo que deixei de crer no cambio. Isto só pode estalar. Quizais entón, cando xa non quede nada, merezamos a redención que non soubemos obter.

Hoxe, as redes falan do inicio da III Guerra Mundial. Asústame, pero nalgures penso se esta é a catarse que o mundo precisa para recomezar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!