29/3/13


[...]

Princesa: E logo? Que fas ti aquí? A ver se me enganei de sala. Esta non é a cola para personaxe de conto?

Cabareteira: Máis ou menos, pero explicároncho mal. Aquí agardamos a que alguén escriba as nosas historias, por iso non hai primeiros nin últimos, vannos chamando segundo se lembren de nós. Se precisan unha princesa, pois chaman a unha princesa, se precisan un can que fale, pois a princesa senta e espera coma o resto. Cada un ten a súa historia. Non todas somos princesiñas de conto.

Princesa: E logo ti que historia viñeches protagonizar?

Cabareteira: Eu quería ser a estrela do Moulin Rouge, pero escolleron a esa paliducha de Satine, así que aquí estou, a agardar por unha nova historia chea de luces, música, e homes que caen aos meus pés.

Princesa: Ah! E levas moito tempo aquí agardando?

Cabareteira: Moito, pequena. Cando cheguei, a época dourada do Cabaret tocaba ao seu fin, pero eu era nova e idealista e escollín unha carreira sen saídas. E aquí me tes.

[...]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!