26/1/14

Foi aquel o intre no que, sen mais, souben o que estaba por vir. Unha palabra foi abondo para facer quebrar o mundo, o meu mundo, o mundo que nunca foi. E quedei soa, pendurada no baleiro, ollando os anacos do mundo que construira, mentres outra persoa vive aquela vida pola que loitei. Sen forza xa. Expulsada do meu propio paraíso. Errante no baleiro da miña propia tristura, cortando os pés a cada paso cos anos do meu mundo roto. Outros quedaron coas rosas. Eu acabei por amar as espiñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Miáñame!