3/7/13


Y aunque razonara, de qué me serviría? 
Debo estar triste si tengo motivos y ninguna broma me hace sonreir.
[Shakespeare, Much ado about nothing]


Noutra vida que quedou atrás hai moito, a miudo adoitaba sorrir como norma. Pensaba que era unha maneira de dar o mellor de min. Dende pequeniña ensináronme a dar sen pedir. E así o fixen.

Pero chegaron tempos máis escuros, tempos nos que doía sorrir, nos que precisei un apoio e ninguén estivo aí. E o sorriso quedou naquela outra vida.

Entón comprendín que, á hora da verdade, a ninguén lle importa que rías ou chores. Estamos sós nesta vida, e a ninguén lle importa máis que o seu propio embigo. Cansei de sorrir.

Recentemente unha persoa díxome que sempre estaba triste, unha persoa que noutra vida me fixo sorrir ata doerme a cara. Non tiven ocasión de dicirlle que cansara de sorrir para outros e non atopaba unha razón que me fixera sorrir para min. Probablemente esa ocasión non chegue nunca, e por iso vou gardando aquí cada resposta que nunca poderei dar, na caixiña dos sorrisos mortos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!