11/7/13

Adeus ás interminables horas escoitándote falar, aprendendo, admirando.
Adeus aos segredos, á confianza que só ti me facías sentir.
Adeus á persoa que me ensinaches a ser, á seguridade, ao valor.
Adeus aos sorrisos que facían doer a cara, á paz que ti me dabas.
Adeus ás praias sen nenos e a ese recuncho do teu peito no que remataba o mundo cando me abrazabas.

Nunca esquecerei que ao teu carón fun a mellor versión de min mesma, aínda que non fora abondo. Nunca esquecerei que me valoraches, que fixeches visible o invisible, que confiaches en min. Nunca esquecerei ao amigo que me considerou amiga.

Estou atada a unha lembranza. O meu amigo foise e non voltou. Poderás camiñar coma el, poderás falar coma el, pero nunca serás máis que a sombra dunha lembranza da que xa non formo parte.

É tempo de voltar ao silenzo, de agochar o visible, de non ser nin estar. Xa ninguén me abraza, xa ninguén me fai rir, xa non quero aprender máis. O meu amigo foise, e quizais só foi unha sombra que nunca existiu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!