9/6/13

Silenzo. Son dona do meu silenzo. Cada palabra afunde un pouco máis, e vou virando pequena, cansa, sen folgos. O tempo da loita rematou unha vida atrás, e só queda o silenzo. Outrora, a palabra foi a miña arma, agora é a causa da miña condena. Non hai outra arma mais que o silenzo.

Nunha man, as palabras que nunca direi. Na outra, as que nunca debín dicir. Silenzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!