9/6/13

Cando os sentimentos non son máis que unha sorte de músculo atrofiado do teu ser, aprendes a vivir con eles. Sabes que están aí, sabes que non os podes cambiar para ben ou mal, pero perden os seu significado. Para ti.

Ás veces costa comprender que para os demais si que teñen un significado e podes facer dano a persoas polas que darías o ceo. Nunca foi esa a miña intención, pero si o meu erro.

Pode que sexa o momento de aprender a botar sete chaves sobre ese músculo atofiado. Deixarllo ver aos outros só trouxo bágoas e perdas. É o momento do silenzo.

Dende aquí, quixera facer voar unha desculpa a quen danei por querelo un pouco máis do que debera. Aínda que só pequei por erro. Aínda que só lle chegue o silenzo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!