24/11/12

Ás veces os sorrisos pode agocharse tras máscaras que nunca teriamos imaxinado. Pode que as cousas non sexan sempre como non gustaría, pero iso non as fai peores, só diferentes.

Ás veces de súpeto entendemos que non podemos cambiar unha situación, pero podemos cambiar nós. Entón aprendemos que sorrir non é tan difícil, despois de todo.

Eu aprendín que existe unha maxia capaz de transformar certas certezas en feliz esquecemento.

2 comentarios:

  1. Síntome moi identificado coas túas verbas, e penso que ademais de boa escritora, fasme meditar. Visitarei estas tellas con máis frecuencia, mais souche de pouco miañar... Boa sorte!

    ResponderEliminar
  2. Palabras así sempre se agradecen, pero cando veñen do dono de tan interesante fraga, ata poñen coloradas ás gatas. Toda unha honra, Mouro. Prometo miañar algunha vez cando pase pola fraga...

    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Miáñame!