7/8/11

Volveu pasar. Unha noite máis o meu subconsciente volveu alí, e unha vez máis sentín ese pracer de atopar algo perdido moitos anos atrás, a comodidade de atoparte nun lugar coñecido soterrado nalgún recuncho da memoria.

É unha praia, e sempre que volvo alí lembro ter estado antes, mais só volvo en soños porque na realidade non existe. Ou eu non teño constancia de que exista.

Esta noite achegueime un pouco máis, e conseguín coñecer o seu nome e a maneira de atopala. Mágoa que me coste tanto lembrar os detalles dos meus soños.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!