16/8/11

A lúa chea ás miñas costas, e o solpor ante min. E sal, e area, e linguas en loita, e pel. E deixarmme levar pola brisa e os bicos, e perderme nos teus ollos, e tolear sen remedio. E aferrarme á fría pedra para saber que non estou a soñar.

E tamén unha decisión, e un erro, mais non importa. Xa non.

Fagamos un trato: manteñamos as mentiras e os sorrisos. Apértame forte unha vez máis, e seguirei sendo a nena inxenua que non fai preguntas para non saber as respostas. Só unha caricia máis, e nunca direi que coñezo a resposta de cada pregunta que non fago, porque os sorrisos valen máis.

É a miña decisión, un erro, pero agora xa non importa. Xa non.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!