20/8/11

Sempre procurei camiñar pola vida na punta dos pés, sen facer ruído, sen molestar. Quixera unhas desas zapatillas de ballet que atan cun lazo pola perna e fan parecer fadas incorpóreas ás mozas de carne e oso que as calzan.

Mais nunca souben nada de ballet, e no meu decorrer pola vida adoito tropezar e caer unha e outra vez, facendo máis ruído do que quixera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!