2/8/11

"O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz"
Rafael Dieste


Días de redescubrir o interese dun traballo esquecido, de lembrar as razóns polas que escollín este destino e non outro, de reconciliarme cos estudos volvendo facer algo que me gusta de verdade.

Relato. Hai tanto tempo que comecei este traballo que xa nin lembro os motivos que me levaron a escoller esta temática. Ou quizais si. En calquera caso, o relato ten un poder que non ten ningún outro xénero: a forza do momento, a brevidade, a capacidade de condensar nunhas poucas liñas toda unha vida, unha aventura ou un amor. Pequenas píldoras de realidade ou fantasía para consumir nun intre.

Moitos pensamos que a nosa vida é unha novela, mais non deixa de ser unha sucesión de relatos en maior ou menor medida conectados entre si.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!