20/8/11

Lembro un parque, un columpio no que xogar naquelas cálidas noites de vran, que a brisa do mar disfrazaba de frescas. Lembro subir alto, moi alto, ata ver a praia por riba do valo do parque. Praia, estrelas e luces eléctricas que reflectían no escuro espello das augas nocturnas. Lembro a brisa enredándome o pelo coa velocidade, o cheiro a ferro das cadeas que se mesturaba co sal da brisa, ese rechiar característico dos engranaxes, os precoces tacóns de adolescente que quere parecer maior batendo contra o chan en cada baixada, a lúa, e unha canción...


...y se marchó, y a su barco le llamó Libertad, y en el cielo descubrió gaviotas y pintó estelas en el mar...

***

Os anos pasaron. O parque sigue alí. O columpio xa me queda pequeno, ou quizais os tacóns sexan maiores. As noites de mar e estrelas agora énchense de utopías e flashes, e aínda que sigamos indo polo parque, xa nunca volvín pintar estelas no mar dende o alto dun columpio






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!