6/9/15

Na praia cae o sol e refresca. Sento nunha rocha e miro ao chan. Ganan os nervios, xogo coa area. Comentas algo que me fai rir. Era tan nena...

Pasan os anos, cifras redondas. É o mesmo día, a mesma hora, unha praia distinta. Nós somos distintos. Cae o sol e refresca. Sento nunha rocha pero xa non miro ao chan. Non dis nada, pero non paro de rir. Fixéchesme crecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Miáñame!