7/4/15

É curioso. Adoitamos pensar que nos malos tempos é cando máis precisamos de alguén en quen apoiarnos. Recentemente descubrín que non, hai algo peor que a soedade cando o mundo quebra: o verdadeiro baleiro está en non ter con quen compartir os bos momentos que por sorpresa nos trae a vida.

Fóra vai sol. Unha nova vida trae novos motivos para sorrir, e as vidiñas que sempre me acompañaron permanecen ao meu carón unha soleada tarde máis. O mundo ensina a súa cara máis amable e tan só quixera contarche que hoxe foi un día bo nun traballo caído do ceo. Pero a distancia pode máis que os kilómetros, e cada vez somos un pouco máis descoñecidos. E entre tanto silenzo xa non lembro como soaba a miña voz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Miáñame!