22/3/13

Espántame o afogo da espera, o medo inmenso de anticipar ese momento que non queres que chegue, as palabras non pronunciadas e a incógnita da forma que acadarán. Horrorízame a tristura antes da tristura, así que ensaio ante o espello a palabra xusta, a reacción precisa. Pero ningún ensaio pode evitar o momento, e só o vivo unha e outra vez na miña cabeza intentando evitar as bágoas esta vez. Teño que ensaiar máis.

E con todo, sei que cando chegue non haberá bágoas, palabras nin reaccións. Non direi nada, porque non haberá nada que dicir. E quedarei soa, calada, mentres toda a tristura do mundo se verte en min. E saberei por fin a forma que acadará ese momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!