11/3/13

A cidade aos nosos pés e a eternidade no fío dunha navalla.

Núa na túa pel, húmida nos teus beizos, 

espida entre as sombras deste cuarto.

Intres que foron, anacos de historias que nunca serán.

Un bico fuxidío. Unha mirada que derrota.

Agocharse nese recuncho do teu peito onde remata o mundo.

A tormente e a calma. Saudade de tanto de ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!