9/2/12

Dende o tellado ollo un mundo que non entendo.

Animais que loitan contra a súa propia especie,
contra a terra que lles dou a vida.


Animais salvaxes, irracionais, cheos de odio e rancor.


Un mundo de miseria e apariencias, onde só destaca aquel capaz de facer máis dano que os demais.


Un mundo ao revés, onde os xustos son exterminados coma o cancro da sociedade.


A lúa alumea con forza no ceo. Seguirá aí cando todos sexamos cinza.


E o home aínda é capaz de crerse grande e poderoso...







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!