4/1/12

Ninguén nos contou que foi o que sinteu o patiño feo cando se convirteu en cisne. Tan acostumado a estar só e triste, que pasaría pola súa cabeza cando a xente comezou a alabar a súa beleza?

Eu creo que nunca deixou de ser un patiño con demasiado medo do mundo que outrora lle dera as costas. A súa timidez facíao baixar a mirada ante os afagos, e nunca os soubo agradecer.

E sigueu só. A pesares desa beleza que só se atopaba nos ollos dos demais.

4 comentarios:

  1. Din que a beleza está nos ollos do que mira. Eu estou segura de que non pode ser de outra maneira.

    ResponderEliminar
  2. Por qué miramos diferente entón? Por qué recibimos unha educación e estímulos diferentes? eu penso que somos algo máis ca iso, temos que selo...

    ResponderEliminar
  3. Miramos diferente porque somos diferentes. É a grandeza do ser humano. Por iso ata os patiños feos poden ser fermosos aos ollos de alguén.

    ResponderEliminar

Miáñame!