22/8/11

Senti che fuori piove, senti che bel rumore
Vasco Rossi


Fuori piove. O aire é quente e pesado dende hai días. Entra nos pulmóns e sintes coma se non tiveras respirado. Pégase á pel, aos osos, está en nós.

Agora chove. Forte, coa furia de quen se deixaba agardar, como querendo matar este calor abafante que nos envolve. E cada gota é unha puñalada.

Os tronos xa pararon hai un anaco, pero volverán, sei que volverán. E os raios cruzarán o escuro ceo facendo palidecer á propia lúa ao seu paso.

E durmirei, durmirei arrolada polo seu cantar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Miáñame!