9/1/12

Hai noites nas que precisas escoller o camiño máis longo á casa e facelo moi amodiño, deixando esvarar o tempo entre as rodas, agora crueis reloxos que corren de máis. Paso a paso, bágoa a bágoa. Pero o tempo nunca é abondo, e a chegada é inevitable. Tanto coma escuro o destino.

Hai noites longas e escuras de máis, e nunca se está demasiado só. Sempre pode ser un pouco peor.

Onde estará ese fondo que nunca chega?

4/1/12

Ninguén nos contou que foi o que sinteu o patiño feo cando se convirteu en cisne. Tan acostumado a estar só e triste, que pasaría pola súa cabeza cando a xente comezou a alabar a súa beleza?

Eu creo que nunca deixou de ser un patiño con demasiado medo do mundo que outrora lle dera as costas. A súa timidez facíao baixar a mirada ante os afagos, e nunca os soubo agradecer.

E sigueu só. A pesares desa beleza que só se atopaba nos ollos dos demais.